Artabras Fene Fútbol Sala Feminino: A lenda continúa! Tempada 2015-2016
Artabras Fene Fútbol Sala Feminino: A lenda continúa! Tempada 2015-2016
TRABALLO, SERIEDADE E RESPECTO #FUTSALFEM #GOPOLLUELAS
TRABALLO, SERIEDADE E RESPECTO                                              #FUTSALFEM                                                                      #GOPOLLUELAS

Eventos do Club

II TORNEO DE VERÁN DE FÚTBOL SALA FEMININO CONCELLO DE FENE

 

Segunda edición deste torneo solidario no que se recollerán roupa e alimentos non perecedoiros.

 

Participan Viaxes Amarelle FSF B, Academia Red Blue 5 Coruña, CCRD Perlío e Cultural Maniños SD, as actuais campionas.

 

Consulta toda a información nesta ligazón.

 

 

II Sesión Maxistral con...David Gonzáez Piñón Ártabras Fene FSF organizou varios eventos durante a tempada pasada arredor do fútbol sala feminino

A Asociación Vida Activa e Ártabras Fene FSF disputarán un encontro amigable en San Valentín (Fene)

Ártabras Fene FSF organiza o vindeiro venres 25 de setembro o primeiro dos eventos previstos para esta tempada na súa programación.

 

O vindeiro venres día 25 de setembro, a Asociación Vida Activa e o club de fútbol sala de Fene Ártabras disputarán un encontro amigable no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín, entre as 20:30 e as 21:30 horas da noite.

A entrada para asistir a este encontro será gratuíta e desde ambas as entidades quérese facer un chamamento a toda a poboación da comarca para que acudan ao pavillón para presenciar o partido e coñecer a actividade destas dúas entidades comprometidas, desde diferentes ámbitos, coa súa contorna social.

A Asociación Vida Activa é unha asociación creada por un grupo de persoas novas, con inquietudes e experiencia na integración de persoas con diversidade funcional. No seu día xorde coa intención de ofrecer actividades para a integración efectiva e real na sociedade das persoas con diversidade, mediante a formación adaptada e a organización de actividades integradoras. O número de persoas que se benefician das actividades deseñadas por Vida Activa é moi amplo e de diversos concellos da zona, xa que esta entidade traballa en permanente contacto con outras entidades como ASPANAES, COGAMI...

Ártabras Fene FSF, pola súa banda, caracterízase por ser un club moi activo, que organiza múltiples actividades complementarias ás competicións deportivas nas que participa. Durante a tempada 2014-2015, encargáronse de desenvolver unha programación que incluía un evento mensual, sempre en colaboración co Concello de Fene e a través da Concellería de Deportes. Estes actos, na súa inmensa maioría orientados á formación de xogadores e xogadoras da comarca, corpos técnicos e directivos, incluían desde charlas sobre nutrición deportiva, prevención de lesións, readaptación, fisioterapia, e dúas clinics centrados exclusivamente no fútbol sala nos que conseguiron a participación de dous sabios na materia, como son o fenés David González Piñón e Diego Ríos Gayoso.

Coa actividade prevista para este venres, Ártabras Fene FSF lanza a súa programación anual dándolle a oportunidade ás súas xogadoras, corpo técnico e público asistente de coñecer e intercambiar experiencias coas persoas que integran esta asociación. 

David González Piñón: todo un referente do fútbol sala galego David González Piñón: referente do fútbol sala galego

II Sesión Maxistral con...David González Piñón

 

O club de Fene despide a tempada o vindeiro domingo 28 no pavillón de San Valentín cunha última sesión formativa a cargo dun dos referentes do fútbol sala da bisbarra.

 

O membro do corpo técnico da Selección Española de Fútbol sala feminina e masculina, David González Piñón impartirá un interesante relatorio teórico-práctico na II Sesión Maxistral con.... organizada polo club de fútbol sala feminino Ártabras Fene Fsf.

O relatorio de David terá unha dobre vertente, por un lado ofrecerá unhas pinceladas acerca da análise de video en fútbol sala e por outro lado, e con maior peso, centrarase no fútbol sala e a preparación física adaptada ás características físicas e psicolóxicas das xogadoras.

 

David González é Licenciado en INEF, e actualmente é o preparador físico e analista de video das Seleccións Españolas de fútbol sala. Como xogador, David é e foi un referente para varias xeracións de xogadores e xogadoras deste deporte en Galicia, e particularmente na bisbarra e Fene. A súa carreira como xogador levouno a militar en clubs de División de Honra como o Lobelle de Santiago, DKV Zaragoza, Leis, Ázkar. Sen dúbida, en Fene recórdaselle como o xogador referente do desaparecido Boandanza de Fene, onde militou entre os anos 1994 e 2003. Tamén foi xogador 
referente e capitán do Cidade de Narón.

 

A II Sesión Maxistral terá lugar o próximo día 28 de xuño, entre as 10:30 e as 14:00 horas, no Pavillón Polideportivo da Xunqueira en San Valentín, Fene. Esta segunda sesión, a primeira foi a cargo de Diego Ríos, contará con parte teórica e demostración práctica, na que colaborarán as xogadoras de Ártabras e o público asistente que así o desexe. A entrada é libre e gratuíta.

 

As actividades formativas de Ártabras Fene Fsf tiveron unha periodicidade mensual ao longo da tempada, contando cunha aceptable asistencia de público, e un nivel de calidade moi alto nos seus relatores. Recordemos que contaron coa impagable colaboración e presencia de Camilo Prieto, Diego Ríos, Cristina Álvarez, Sara Fonterosa...

 

Todas estas actividades foron organizadas coa colaboración do Concello de Fene. Sen dúbida, todo un éxito para unha entidade deportiva que non conta nin cun ano de existencia e que veu esforzándose en promover a formación deportiva en fútbol sala entre xogadores e xogadoras, corpo técnico, familiares e directiv@s, de clubs de toda a bisbarra.

 

Para a dirección de Ártabras Fene, os números deste ano fanlles ser optimistas de cara á próxima tempada e xa están a barallar os nomes de novos relatores e temáticas de interese para continuar con estas sesións.

V CONFERENCIA: FISIOTERAPIA E PODOLOXÍA

 

Data: 3 de maio de 2015

Horario: 11:00 h a 13:00 h

 

Este novo evento formativo, organizado por Ártabras en colaboración co Concello de Fene, estará dividido en dúas partes:

  • Fisioterapia: Impartida por Sara Fonterosa Sánchez, fisioterapeuta colexiada nº 1333 pola UDC. Nesta parte da charla explicaranos as "Primeiras actuacións en caso de lesión" e "Vendaxes funcionais". Saber recoñecer eses sinais que nos avisan dunha posible lesión e saber se son importantes ou non, e se hai que chamar ou non aos fisios.
  • Podoloxía: Esta parte será impartida por Cristina Álvarez Pena, Diplomada en Podoloxía, especialista en pé diabético e con formación en ortopodoloxía, biomecánica e curso de especialista en orteses dixitais. Falará sobre o "Coidado dos pés: plantillas, coidados básicos, lesións...".

Tanto Sara como Cristina forman parte do equipo de traballo de Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Esteiro, unha das nosas empresas patrocinadoras.

 

A xornada formativa vai dirixida a xogador@s, familiares e adestrador@s de calquera deporte.

 

A entrada é de balde e sen necesidade de reserva de praza.

 

O evento desenvolverase onde habitualmente vimos celebrando as charlas, na Aula da Concellaría de Xuventude, Deporte e Ocio na Avenida Naturais 44, entrechán dereita en Fene.

I EXHIBICIÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO SEMANA SANTA CONCELLO DE FENE ÁRTABRAS

 

Data: sábado 4 de abril de 2015.

Lugar: Pavillón polideportivo de A Xunqueira (San Valentín). Concello de Fene.

Horario: 10:00-14:30.

Horarios e partidos:

10:15-11:15: Grupo de nenas entre 7 e 11años. PARTIDO: Escola Municipal de Fene vs Valdetires fsf .
11:30-12:30: Grupo de nenas entre 4 e 6 años. PARTIDO: Escola Municipal de Fene vs CMI Unidade de Fene
12:45-13:45: Senior. Ártabras Fene Fsf vs Combinado
14:00: Final do evento.
SESIÓN MAXISTRAL CON...DIEGO RÍOS GAYOSO
Diego Ríos Gayoso, e todo o seu equipo de traballo á fronte do Parrulo Fs, realizarán na mañá do 21 de marzo a primeira "Sesión Maxistral con..." organizada polo club de fúbol sala feminino Ártabras Fene FSF, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Fene.
O horario desta actividade teórico-práctica será de 10:00 a 14:00 horas, desenvolvéndose no Pavillón Polideportivo A Xunqueira, no barrio de San Valentín, en Fene.
A entrada é gratuíta e aberta a todas aquelas persoas interesadas en formarse da man dun dos mellores adestradores de fútbol sala de España. Trátase dunha oportunidade única á que temos o pracer e a sorte de poder convidarvos
DIEGO RÍOS GAYOSO É..
  • Adestrador do primeiro equipo do Parrulo Fs en Segunda División Nacional masculina. Tempada 2014-15.
  • Adestrador do Prone Lugo AD en Primeira División masculina nas tempadas 2011 a 2014
  • Adestrador Nivel III da FGFS
  • Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas 
  • Premio Especial ANEFS 2014
  • Mellor adestrador galego pola FGFS da tempada 2011-2012

+ INFO

VIAXA A CEE COAS ÁRTABRAS NO SEU AUTOBÚS!

 

Viaxa co equipo para apoialas no seu partido contra o Fsf Villa de Cee!

A próxima xornada de Liga, a XXIª o Ártabras Fene Fsf viaxa a Cee para xogar contra o Villa de Cee. Como sempre nas viaxes máis longas pola provincia tentamos facer a viaxe o máis cómoda posible para as nosas xogadoras. Por este motivo contratamos un autobús con Autos Lago. Tentamos tamén darlle a oportunidade a familiares, mozos e mozas, amigos e amigas das nosas xogadoras de poder acompañalas nos desprazamentos e apoialas durante o partido.
En función do número de siareiros e siareiras que xuntemos collemos un bus de máis ou menos prazas. O prezo do billete é de 10 euros.
Se vos queredes unir á nosa aventura deportiva e apoiar a estas rapazas que o merecen, por favor, reservade a vosa praza enviando un "WASAP" ao 655671484 (Arantxa Prada).


ÁRTABRAS FENE FSF CELEBRA O ENTROIDO 2015 CUNHA LACONADA
Este mércores ás 21:30 horas temos unha laconada no Restaurante Cantábrico en Fene.  Alguén quere vir? 
Menú Adulto - 12 euros
  1. Sopa de Cocido
  2. Lacón, costela, cachola, patacas e grelos
  3. Filloas, torradas, orellas e bebida
  4. Café e chupito

Menú Infantil - 6 euros
  1. Croqueta, tortilla, empanada, calamares, raxo e embutidos.
  2. Bebida.
  3. Café, infusión ou colacao.

Reservas antes do luns ás 22:00 horas no correo info@artabrasfenefsf.es

CONFERENCIA. DOMINGO, 08 FEBREIRO 2015. 11:00 HORAS.

 

NUTRICIÓN DEPORTIVA E TRIADA FEMININA (ALIMENTACIÓN,MENSTRUACIÓN E LESIÓNS)



Temática: Nutrición deportiva en xeral, aínda que se centrará un pouco máis na casuística das mulleres deportistas, buscando concienciar da importancia de levar unha alimentación sa para minimizar o risco de lesións e analizar a menstruación e a súa incidencia nas lesións.

Impartida por:
 Camilo Prieto Rivas é un recoñecido profesional con ampla formación e experiencia. Camilo é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colexiado nº 11966) e Osteópata - Mezierista.

    Experiencia:

  • Especializado en Readaptación Funcional en patoloxía laboral e deportiva en clubs como o Narón Balompé Piñeiros, Racing Club de Ferrol SAD
  • Monitor deportivo en escolas deportivas, fútbol base, natación, tenis, Tai-Chi…
  • Desenvolvendo no paradigma terapéutico servizos de Ximnasia de Mantemento, Terapéutica e de Hixiene Postural
  • Coordinador deportivo na organización de eventos deportivos: xestión, deseño e execución de plans de actuación
  • Adestrador persoal nos últimos anos prescribindo actividade física con orientación terapéutica
  • Como Osteópata dende o concepto metamérico en cada intre.


Formación:

  • Vendaxe funcional, kinesio-tape e radioloxía osteopática
  • Nutrición deportiva
  • Adestrador nacional de fisicoculturismo e Stott pilates
  • Avaliación da capacidade funcional de persoas maiores
  • Readaptación funcional deportiva

 

Dirixido a:

  • deportistas
  • familiares deportistas, especialmente a aquelas persoas que se encargan da súa alimentación diaria
  • adestrador@s, especialmente de equipos femininos
  • preparador@s físic@s, especialmente de equipos femininos


Día: 08 de febrero

Horario: De 11:00 h a 13:00 h

Dirección: Aula Concellería de Cultura e Deportes. Avenida Naturais 44, entrechán. Fene.

Entrada gratuíta

Camilo Prieto Rivas, impartirá esta conferencia para as Ártabras Fene Fsf Imaxe da web de MasSalud
CONFERENCIA. DOMINGO, 18 XANEIRO 2015. 11:00 HORAS.
"Prevención e readaptación das lesións máis frecuentes n@s deportistas."
Conferencia desenvolvida por Camilo Prieto Rivas, xerente de MasSalud Fene. 
Este evento está organizado por Ártabras Fene Fsf, pero é posible grazas á colaboración da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio do Concello de Fene.
  • Data: 18 xaneiro 2015
  • Hora: 11:00 a 13:00 horas
  • Lugar: Aula da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio. Avenida Naturais 44, entrechán dereita. 15500 Fene
  • Entrada: Gratuíta. Non é necesaria a reserva previa
 Camilo Prieto Rivas é un recoñecido profesional con ampla formación e experiencia. Camilo é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colexiado nº 11966) e Osteópata - Mezierista.
Experiencia:
  • Especializado en Readaptación Funcional en patoloxía laboral e deportiva en clubs como o Narón Balompé Piñeiros, Racing Club de Ferrol SAD
  • Monitor deportivo en escolas deportivas, fútbol base, natación, tenis, Tai-Chi…
  • Desenvolvendo no paradigma terapéutico servizos de Ximnasia de Mantemento, Terapéutica e de Hixiene Postural
  • Coordinador deportivo na organización de eventos deportivos: xestión, deseño e execución de plans de actuación
  • Adestrador persoal nos últimos anos prescribindo actividade física con orientación terapéutica
  • Como Osteópata dende o concepto metamérico en cada intre.
Formación:
  • Vendaxe funcional, kinesio-tape e radioloxía osteopática
  • Nutrición deportiva
  • Adestrador nacional de fisicoculturismo e Stott pilates
  • Avaliación da capacidade funcional de persoas maiores
  • Readaptación funcional deportiva
I Torneo de Nadal de Fútbol Sala Feminino Concello de Fene - Ártabras Fene Fsf O Apalpador baixo Licencia Creative Commons non comercial. Autoría: http://ovisio.blogaliza.org/

 

I TORNEO DE NADAL CONCELLO DE FENE ÁRTABRAS FENE FSF

 

Ártabras Fene Fsf, en colaboración co Concello de Fene, organiza un torneo cuadrangular de fútbol sala feminino o sábado 27 de decembro.

  • Data: 27 de decembro de 2014
  • Hora: Dende as 16:15 horas
  • Lugar: Pavillón Polideportivo de A Xunqueira, San Valentín. Concello de Fene.
  • Entrada: Todos os alimentos non perecedeiros que poida entregar cada persoa para o Banco de Alimentos. Deixaremos unha caixa na entrada.
Equipos participantes:

 

Horarios:

  • 16:15 horas: Ártabras Fene Fsf - Escola Morrazo Futsal
  • 17:30 horas: Cd Adarve Fsf - Castrelo Fsf
  • 18:45 horas: Exhibición das Escolas Municipais de Fútbol Sala Feminino
  • 19:30 horas: 3º e 4º posto
  • 20:45 horas: Gran final

 

Haberá unha recollida de alimentos non perecedeiros destinados ao Banco de Alimentos de Ferrolterra.

 

Como en todos os partidos de Ártabras Fene Fsf montaremos o noso stand de merchandising e sortearemos algún que outro agasallo...

 

Este torneo está organizado por Ártabras Fene Fsf en colaboración co Concello de Fene.

II CONFERENCIA. DOMINGO, 21 DECEMBRO 2014. 11:00 HORAS.
"O fútbol sala nas categorías Chupete e Biberón" 
Este evento está organizado por Ártabras Fene Fsf, pero é posible grazas á impagable colaboración da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio do Concello de Fene.
  • Data: 21 de decembro de 2014
  • Hora: 11:00 a 13:00 horas
  • Lugar: Aula da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio. Avenida Naturais 44, entrechán dereita. 15500 Fene
  • Entrada: Gratuíta. Non é necesaria a reserva previa
Nesta ocasión as relatoras serán:
- Pili Costa: Licenciada en INEF, adestradora Nivel II de fútbol sala pola FGF, adestradora de varios dos equipos de base da Escola O Parrulo Ferrol FS , da Escola de Fútbol Sala do CEIP A Gándara e das Escolas Municipais de Fútbol Sala Feminino do Concello de Fene
- Nas Prieto Caínzos: Mestra na especialidade de Educación Física pola UDC, Monitora de Fútbol Sala pola FGFS, adestradora no CMI Unidade de Fene, da Escola de Fútbol Sala do CEIP A Gándara e das Escolas Municipais de Fútbol Sala Feminino do Concello de Fene
- Alba López: Mestra na especialidade de Educación Física pola UDC, adestradora de varios dos equipos de base da Escola de O Parrulo FS.
- Mavi Vieira:
Monitora de Fútbol sala pola FGFS, adestradora de varios dos equipos de base da Escola de O Parrulo FS.

O obxectivo desta conferencia é explicar unha metodoloxía de traballo para adestramentos de equipos de base en idade de precompetición; biberóns e chupetes:
- Habilidades e capacidades propias de cada idade
- Exercicios
- Metodoloxía de ensinanza
- Competición, para que ou para quen?
- A nosa visión do fútbol sala

A entrada será de balde.

Este evento vaise celebrar coa colaboración da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio do Concello de Fene.
Camilo Prieto Rivas, impartirá esta conferencia para as Ártabras Fene Fsf Imaxe da web de MasSalud
CONFERENCIA. DOMINGO, 30 NOVEMBRO 2014. 11:00 HORAS.
"Hixiene deportiva. Prevención das lesións. Readaptación deportiva despois dunha lesión. Figura do readaptador deportivo". 
Conferencia desenvolvida por Camilo Prieto Rivas, xerente de MasSalud Fene. 
Este evento está organizado por Ártabras Fene Fsf, pero é posible grazas á impagable colaboración da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio do Concello de Fene.
  • Data: 30 novembro 2014
  • Hora: 11:00 a 13:00 horas
  • Lugar: Aula da Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio. Avenida Naturais 44, entrechán dereita. 15500 Fene
  • Entrada: Gratuíta. Non é necesaria a reserva previa
 Camilo Prieto Rivas é un recoñecido profesional con ampla formación e experiencia. Camilo é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colexiado nº 11966) e Osteópata - Mezierista.
Experiencia:
  • Especializado en Readaptación Funcional en patoloxía laboral e deportiva en clubs como o Narón Balompé Piñeiros, Racing Club de Ferrol SAD
  • Monitor deportivo en escolas deportivas, fútbol base, natación, tenis, Tai-Chi…
  • Desenvolvendo no paradigma terapéutico servizos de Ximnasia de Mantemento, Terapéutica e de Hixiene Postural
  • Coordinador deportivo na organización de eventos deportivos: xestión, deseño e execución de plans de actuación
  • Adestrador persoal nos últimos anos prescribindo actividade física con orientación terapéutica
  • Como Osteópata dende o concepto metamérico en cada intre.
Formación:
  • Vendaxe funcional, kinesio-tape e radioloxía osteopática
  • Nutrición deportiva
  • Adestrador nacional de fisicoculturismo e Stott pilates
  • Avaliación da capacidade funcional de persoas maiores
  • Readaptación funcional deportiva

Merca lotaría do Nadal!

 

Agora podes colaborar con Ártabras dunha maneira diferente. Por só 5 euros terás dobre posibilidade de premio:

  • Xogarás 4 euros ao número 05091 da Lotería Nacional, correspondente ao sorteo do 22 de decembro de 2014
  • Co euro restante entrarás no sorteo dunha cesta de produtos típicos do Nadal, participas co teu número de recibo. O recibo premiado será aquel que teña a mesma numeración que as catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo do 22 de decembro de 2014.

 

Onde podes mercar Lotaría?

  • Podes mercar a lotaría nos nosos partidos, no stand que poñemos coas camisetaa, bolsos, rifas...
  • Todas as nosas xogadoras están colaborando e dispoñen dun taco de rifas

 

Locais onde a podedes mercar:

  • Cafetaría da FIMO
  • Clínica Fisioterapia e Pilates Esteiro
  • Café Bar La Frontera (ao lado de Alcampo Ferrol - A Gándara)
  • Más Fútbol Narón, tenda de deportes
  • Café Bar Galaxia (Carretera Cedeira)
  • Clínica MaSSalud (Fene)
  • Café Bar Arenal (Narón)
  • Bar O Pozo (Xuvia)

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Se queres probar como é eso de adestrar neste club, queres achegarte e divertirte co fútbol sala, queres coñecer máis rapazas coma ti...Todos os venres de novembro de 21 a 23 horas temos as portas abertas de par en par a aquelas rapazas que queiran vir a adestrar, non te cortes!

 

Agardámoste no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín en Fene!

VENRES DE NOVEMBRO DE 21 A 23 HORAS

Viaxa a Vimianzo con Nós!

O vindeiro sábado 11 de outubro, ás 19:00 horas o club Ártabras Fene Fsf xoga contra o Fisober FSF "B" no Municipal de Baiña en Vimianzo. 

 

A Dirección do club planeou unha viaxe diferente! Afición e xogadoras compartirán vehículo nunha estupenda xornada de convivencia deportiva.

 

A hora aproximada de saída é arredor das 16:00 horas, pero ollo, está pendente de confirmarse. O prezo do billete para familiares, amig@s e parellas é de 10€. O club asume o prezo do billete das xogadoras e do corpo técnico.

 

 

 

Queres unirte a esta viaxe?

Se queres formar parte desta aventura azul, só tes que reservar canto antes a túa praza no correo electrónico: info@artabrasfenefsf.es ou no teléfono 687 813 600.

 

Apurade que case non quedan prazas! 

Redes Sociais

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio

© Ártabras Fene Fútbol Sala Feminino