Artabras Fene Fútbol Sala Feminino: A lenda continúa! Tempada 2015-2016
Artabras Fene Fútbol Sala Feminino: A lenda continúa! Tempada 2015-2016
TRABALLO, SERIEDADE E RESPECTO #FUTSALFEM #GOPOLLUELAS
TRABALLO, SERIEDADE E RESPECTO                                              #FUTSALFEM                                                                      #GOPOLLUELAS

II Torneo de Verán de Fútbol Sala Feminino Concello de Fene

O vindeiro 10 de setembro desenvolverase a segunda edición do Torneo de Verán de fútbol sala feminino Concello de Fene, organizado polo club Ártabras Fene Fsf.

Participan neste torneo os clubs coruñeses de fútbol sala Viaxes Amarelle FSF e Academia Red Blue 5 Coruña, que compiten en Primeira Autonómica e os clubs feneses de fútbol Cultural Maniños SD e CCRD Perlío, que disputan a Liga Local de Fútbol 8.

 

Este torneo ten carácter solidario xa que durante o mesmo procederase á recollida de alimentos non perecedoiros e roupa.

O acceso ás instalacións será totalmente libre e gratuíto, aínda que agradecerase enormemente ao público asistente que realice unha achega de alimentos ou roupa, sempre na medida das súas posibilidades.


A primeira semifinal disputarase ás 16:30 horas enfrontando ao CCRD Perlío e ao Academia Red Blue 5 Coruña.

A segunda das semifinais, entre a Cultural Maniños SD (actuais campionas) e o Viaxes Amarelle B comezará arredor das 17:25 horas. Os equipos perdedores loitarán polo terceiro e cuarto posto a partir das 18:20 horas. A gran final disputarase ás 19:15 horas.

 

A Comisión Técnica de Árbitros de Fútbol Sala da Real Federación Galega de Fútbol colaborará nesta iniciativa cunha achega de alimentos equivalente ao importe recibido en concepto de aprendizaxe.

 

O obxectivo da organización de este evento é seguir difundindo o deporte feminino, concretamente o fútbol sala, no Concello de Fene. Ademais Ártabras Fene FSf dar difusión a outras entidades que traballan pola igualdade e colaborar coa veciñanza que máis o precisa.

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio

© Ártabras Fene Fútbol Sala Feminino